As Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos (USAAF ou AAF)[1] foi o principal servzo de guerra aérea baseado en terra do Exército dos Estados Unidos e, de facto, foi o servizo aéreo dos Estados Unidos[2] durante e inmediatamente despois da segunda guerra mundial. Creouse o 20 de xuño de 1941 como sucesoro do Corpo Aéreo do Exército dos Estados Unidos e é o predecesor directo da Forza Aérea dos Estados Unidos, unha das actuais seis forzas armadas dos Estados Unidos. A AAF foi un compoñente do Exército que o 2 de marzo de 1942[1] foi dividida funcionalmente por orde executiva en tres forzas autónomas: as Forzas Terrestres do Exército, o Servizo de Subministración do Exército (que en 1943 converteuse nas Forzas de Servizo do Exército), e as Forzas Aéreas do Exército. Cada unha destas forzas tiña un comandante xeneral que reportaba directamente ao Xefe do Estado Maior do Exército.
Notas