Forza Aérea de Indonesia

Forza Aérea de Indonesia
Tentara Nasional Indonesia Angkatan Udara
TNI-AU
Activa9 de abril de 1946
País Indonesia
Tipoforza aérea
Papelguerra aérea
Tamaño30 100 efectivos
224 avións
Páxina webhttps://www.tni-au.mil.id/
Insignias
Escarapela

A Forza Aérea de Indonesia (indonesio: Tentara Nasional Indonesia Angkatan Udara) é o brazo aéreo das Forzas Armadas Nacionais de Indonesia. Ten o seu cuartel xeral en Iacarta e está comandada polo Xefe de Estado Maior da Forza Aérea. A súa orde de batalla divídese en tres Comandos de Operacións Aéreas. A maioría das súas bases aéreas están situadas na illa de Xava.[1] A Forza Aérea de Indonesia tamén ten a súa unidade de forza terrestre, chamada Comando da Forza de Reacción Rápida da Forza Aérea. O corpo tamén é coñecido como os "boinas laranzas" (Baret Jingga) debido á cor distintiva dos seus gorros de servizo.

A Forza Aérea de Indonesia ten 30 100 efectivos e está equipada cuns 110 avións de combate. Entre o seu inventario inclúense 32 F-16 Fighting Falcon estadounidense como cazas principas, suplementados por cinco Su-27 e once Su-30 rusos, Hawk 200, KAI T-50 e Embraer EMB 314.[2] A Forza Aérea indonesia tamén ten a intención de mercar 50 cazas KF-X de Corea.[3] En 2023 a Forza Aérea mercou 42 Rafale de Francia,[4] xunto con transportes C-130J e un a vehículo aéreo non tripulado de grande autonomia e media altitude.[5] A forza aérea tamén asinou un memorándum de entendemento para adquirir 24 cazas Boeing F-15EX Eagle II a partir de agosto de 2023.[6]

Notas

  1. "The Indonesian Air Force". scramble.nl. 2011-09-16. Archived from the original on 16 de setembro de 2011. Consultado o 2024-05-02. 
  2. "2024 World Air Forces directory". Flight Global (en inglés). Consultado o 2024-05-02. 
  3. "Indonesia Invests in KFX Project". Business Korea. Archived from the original on 13 de novembro de 2017. Consultado o 2024-05-02. 
  4. "France seals $8.1 billion deal with Indonesia to sell 42 Rafale jets". Reuters. Consultado o 2 de maio de 2024. 
  5. "Indonesia to boost air force with F-15EX, Rafale jets". www.aa.com.tr. Consultado o 2024-05-02. 
  6. "Indonesia, Boeing sign deal for sale of F-15 fighter jets". Reuters. Consultado o 2 de maio de 2024. 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!