Fontvieille é un dos dez barrios do principado de Mónaco. É unha área recentemente construída sobre uns terreos gañados ao Mediterráneo durante os anos 70. Ten unha poboación de 3.300 habitantes nunha área de 0.32 km².
En Fontvieille sitúase o Stade Louis II, que serve como estadio do AS Monaco FC, club de fútbol que xoga Ligue 1 de Francia; no estadio atópanse as oficinas da International University of Monaco (IUM). O estadio tamén alberga a Supercopa de Europa de fútbol, un evento anual entre os gañadores das dúas principais competicións da UEFA, a Champions League e a UEFA Cup. O distrito dispón dun heliporto, provisto de frecuentes ligazóns co aeroporto de Niza na veciña Francia, desde a cal se ten conexións directas a Nova York, Londres e outros importantes destinos de Europa.
Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!