Un fol ou fole é un dispositivo mecánico cuxa función é a de conter ar para expelelo a certa presión e en certa dirección para diversos fins. Basicamente, un fol é un contedor deformábel o cal ten un bico de saída. Cando o volume do fol diminúe, o ar sae expulsado do mesmo a través dun bico. Un típico fol ten tamén unha entrada e saída de ar separadas ou valvas de non retorno (valva check), o que asegura que o ar entre e saia nunha dirección determinada. Noutros termos, pódeselle considerar como unha especie de bomba pneumática.
Usos
Metalurxia
Durante numerosos procesos, tales como a fundición ou a forxa de metais e incluso a soldadura, requírese moita calor, o cal só puido desenvolverse a través da invención do fol. Os foles son usados para achegar ar ao combustíbel elevando o nivel de combustión e consigo a cantidade de calor. Varios tipos de foles úsanse na metalurxia.
Fol de caixa (usados tradicionalmente en Asia.)
Fol de ola
Fol de acordeón
Fol de émbolo
Fol axial
O antigo enxeñeiro chinés Du Shi nalgunha ocasión usou o poder do movemento das caídas da auga para accionar foles de altos fornos para a forxa do ferro, contra o século III a. C.. Os antigos gregos e os romanos e outras civilizacións usaron os foles en fornos onde se producía ferro coado. Na industria moderna os foles reciprocantes son usualmente substituídos por ventiladores motorizados.
Instrumentos musicais
Nalgúns instrumentos musicais, os foles úsanse frecuentemente coma un substituto ou regulador do ar a presión provista polos pulmóns humanos.