Foguete

Foguetes. Fogos de artificio.

A palabra foguete (Gl-foguete.ogg pronunciación ), en termos xerais, aplícase a calquera dispositivo propulsado a reacción pola expulsión dos gases xerados nunha cámara de combustión.

Características

Dado que o combustible propulsor contén un carburante e un oxidante, o foguete pode propulsarse con independencia do seu contorno, ao contrario que outros motores a reacción, que utilizan o osíxeno presente na atmosfera para queimar o carburante que transportan. O motor dun foguete, polo tanto, é autocontido e resulta o único adecuado para propulsar expedicións dirixidas ao espazo exterior.

O impulso para propulsar un foguete baséase na terceira lei da dinámica, debida a Isaac Newton. Esta lei afirma que para cada acción existe unha reacción da mesma intensidade e sentido oposto.

Tipos

Os foguetes pódense dividir en dous tipos:

  • os de carburante sólido, como os mísiles balísticos intercontinentais ou o Aero High;
  • e os de carburante líquido, como o impulsor espacial Saturno 5;

En ámbolos dous casos chámase motor á cámara de combustión onde se queima o carburante. Nun foguete de carburante líquido os combustibles propulsores almacénanse en tanques separados e fanse entrar en cantidades adecuadas dentro do motor; nos foguetes de carburante sólido a carga propulsora almacénase e quéimase dentro do motor.

Etimoloxía

A palabra foguete utilízase moitas veces para referirse tanto ao dispositivo que produce o empurrón como ao conxunto do vehículo propulsado. Para evitar a ambigüidade, sobre todo nos casos de vehículos grandes, como os mísiles ou os foguetes de lanzamento espacial, chámase motor do foguete ao dispositivo propulsor do mesmo.

Véxase tamén

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!