Fogueiras de san Xoán da Coruña |
---|
|
Datos da festa |
---|
Data | 23-24 de xuño |
---|
Concello | A Coruña |
---|
Motivo | Noite de san Xoán |
---|
Recoñecementos |
- Festa de Interese Turístico de Galicia (2000)
- Festa de Interese Turístico Nacional (2003)
- Festa de Interese Turístico Internacional (2015)
|
---|
As fogueiras de san Xoán son un acontecemento que ten lugar na noite de san Xoán na Coruña, festividade declarada de interese turístico internacional.[1]
Historia
Durante o século XIX a festa de san Xoán celebrábase na Coruña, ademais de con fogueiras, con verbenas e lanzando globos ao aire, costume que aínda seguía na década de 1930 na Cidade Vella e A Peixaría, mentres que as fogueiras se seguiron a realizar por toda a cidade, mais sen verbenas.[2] A principal festa celebrouse no Campo da Leña entre 1830 e principios do século XX.[3] A festa acababa o día 26 de xuño co ripote na subida á Torre de Hércules.[4]
Con todo, a festa de san Xoán na Coruña estaba en declive cando en xuño de 1970 se fundou a Comisión Promotora das Fogueiras de San Xoán da Coruña. Ese ano tivo lugar a primeira gran lumarada na avenida de Calvo Sotelo e a proclamación da primeira Meiga Maior, Estrella Pardo Castiñeiras.[5]
O ano seguinte a celebración tivo lugar na praza de Portugal e en 1992 trasladouse á praia de Riazor. A partir dese momento a festa foi crecendo ata que en abril de 2000 o consello da Xunta de Galicia a declarou Festa de Interese Turístico de Galicia. O 30 de xuño de 2003 foi declarada Festa de Interese Turístico Nacional e en maio de 2015 Festa de Interese Turístico Internacional.[5]
En 2014 o día 24 de xuño foi declarado por primeira vez festivo local.[6]
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas