Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Fito.
Un marco quilométrico ou fito é un sinal de tráfico situado á beira dunha vía de comunicación (estrada, vía férrea ou camiño) para indicar lugares e distancias. Indica a nomenclatura da vía e máis a distancia desde o inicio da mesma, ou o lugar que se atravesa.
Teñen a súa orixe nos miliarios, columnas xeralmente de granito situadas nas vías romanas. Na idade moderna usáronse tamén leguarios (situados cada legua). Os fitos actuais adoitan ser de metal e están instalados en cada quilómetro, cun máis destacado cada dez quilómetros.
Galería de imaxes
Modelos de fitos quilométricos xenéricos das vías de España.
Fito quilométrico da estrada N-550 en Santo Antoniño (Perdecanai, Barro).
Fito de legua no Cunchido (Cerponzóns, Pontevedra).
Fitos no límite entre a provincia de Pontevedra e a provincia de Ourense.