Filmax Entertainment é unha compaña produtora cinematográfica española dirixida e participada na maioría do seu capital por Julio Fernández Rodríguez.
Historia e características
A compañía creouse en 1953 como distribuidora dos grandes éxitos da cinematografía norteamericana. Dende a estrea de Moulin Rouge, o clásico de John Huston, a compañía distribuíu en España máis de 800 longametraxes. Actualmente, a empresa constitúe unha das principais organizacións industriais independentes do sector audiovisual español. Está posicionada na creación, produción, distribución e exhibición de contidos de ficción e animación. Desenvolveu un selo cinematográfico propio do xénero fantástico, Fantastic Factory, dirixido por Brian Yuzna.
Distribución
Véxase tamén
Ligazóns externas