Fiare Banca Ética é un banco cooperativo de finanzas éticas.
Traxectoria
Naceu da unión de dous proxectos de finanzas éticas, da Banca Popolare Etica de Italia e de Fiare do Estado Español.[1]
Segundo o informe Finanzas Éticas e Sustentábeis en Europa presentado no Parlamento Europeo en 2019 non precisou ningunha axuda na crise económica de 2008-2013.[2]
No Estado español
En 2016 os maiores investimentos no Estado español foran dous proxectos de covivenda para séniors en Madrid e Cuenca.[3] No ano 2019 asinou un acordo de colaboración comercial e financeiro coa Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES).[4]
En 2019 tiña oficinas en Bilbao e Madrid e unha delegación en Barcelona[5] e na Galiza, grupos de iniciativa territorial[6] e os proxectos que recibiran máis financiamento foran os de inserción social e laboral.[7]
Notas
Ligazóns externas