Feta (grego: φέτα, xénero feminino) é un queixo clásico de Grecia fundamentado na callada do queixo que se cura en salmoira. Este tipo de queixo é moi tradicional, remontándose, polo menos, á Antigüidade homérica (na Rapsodia "I" da Odisea inclúese unha moi completa descrición da preparación da feta). O queixo feta elabórase xeralmente con leite de ovella aínda que poden atoparse variedades con leite de cabra e mesmo de vaca nalgunhas áreas.
Principais características
É un queixo brando, sen "pel" que se expende en porcións rectangulares ou en forma de cuña. A súa consistencia é sólida aínda que flexible posuíndo algunhas gretas e presentando poucos pequenos ocos ou ningún. A súa porcentaxe butirosa (teor graxo) mínimo é do 43% do peso neto. Ao gusto é delicadamente craso e lixeiramente acedo resultando nun sabor moi grato.
No comercio, a auténtica feta distribúese en caixas de madeira ou, na súa falta, é envasada en lata.