Feira do viño do Rosal

A feira do viño do Rosal é unha festa de interese turístico celebrada no municipio do Rosal,[1] pertencente á comarca do Baixo Miño. Esta feira, que se celebra desde 1993, ten como obxectivo primordial promocionar os sectores vinícolas, conserveiros e de produtos típicos da horta e a flor que se producen no Val do Rosal.[2]

Historia

No s. XII os monxes do mosteiro de Santa María de Oia eran os encargados de coidar as plantacións do viñedo e foi nesa época cando o viño acadou o seu maior auxe.

Ten lugar na praza do Calvario, con nove casetas pertencentes ás respectivas bodegas. Paralelamente á celebración da feira realízanse exposicións culturais, actividades para nenos/as, exposicións filatélicas, actuacións musicais etc.

Notas

  1. M. J. F. (16 de xullo de 2018). "La Feira do Viño do Rosal supera las expectativas de los 30.000 visitantes". La Voz de Galicia (en castelán). 
  2. "Feira do Viño do Rosal". Cultura de Galicia. 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!