Fehér isten é un filme húngaro de 2014 dirixido por Kornél Mundruczó e protagonizado por Zsófia Psotta. É unha coprodución entre Hungría, Alemaña e Suecia. Estreouse o 23 de maio de 2014 no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2014.[3] Foi escollido como candidato de Hungría para o Óscar ó mellor filme internacional na 87ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[4]
Personaxes
- Zsófia Psotta como Lili
- Sándor Zsótér como Dániel
- Lili Horváth como Elza
- Szabolcs Thuróczy como vello
- Lili Monori como Bev
- László Gálffi como mestre de música
- Gergely Bánki como cazador de cans
- Tamás Polgár como cazador de cans
- Bodie e Luke como Hagen o can
Notas
Véxase tamén
Outros artigos