Federación de Librarías de Galicia

Federación de Librarías de Galicia
Logo
Tipoasociación
Data de fundación29 de outubro de 1977
SedeSantiago de Compostela
PaísGalicia
Na rede
https://librarias.org/
Facebook: LibrariasGal Twitter: LibrariasGal Instagram: librariasgal Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
A Federación de Librarías de Galicia organiza as feiras do libro (coma esta en Vigo en 2016) e as feiras do libro antigo e de ocasión, en varias vilas de Galicia.

A Federación de Librarías de Galicia constituíuse o 29 de outubro de 1977 como unha asociación integrada polos libreiros con establecemento aberto en Galicia.[1]

Integrada actualmente por máis de 145 librarías de toda Galicia, leva máis de 45 anos traballando pola defensa dos intereses comúns do sector, e fomentar o crecemento do número de lectores con diversas campañas.

Descrición

O obxectivo da asociación é promover e defender os intereses colectivos do sector libreiro. A Federación organiza e colabora na organización de actividades culturais, recreativas ou sociais, como os Premios Follas Novas. Ademais, participa activamente en datas especiais para o fomento da lectura: o Día das Letras Galegas, o Día do Libro, e Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.

Ten a súa sede na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

A composición da xunta directiva, dende decembro de 2023, é a seguinte:[2]

  • Presidenta: Cielo Fernández (Librería Bahía, Foz).
  • Vicepresidente: Óscar Porral (Libraría Bandini, Bertamiráns).
  • Secretaria: Celia Fernández (Librería Espazo Lector Nobel, Ourense).
  • Tesoureiro: Jacobo Rodríguez Agrasar (Librería Agrasar, Monforte de Lemos).
  • Contadora: Patricia Porto (Libraría Lila de Lilith, Santiago de Compostela).

Notas

  1. ""Quen somos"". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2016. Consultado o 28 de xullo de 2016. 
  2. https://www.librarias.org/es/junta-directiva

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!