A Federación Galega de Teatro Afeccionado, FEGATEA, é a coordinadora que abrangue diversas compañías galegas de teatro afeccionado.
Fundada en 2001 polos grupos Asociación de Mulleres de Moaña, Atrezo Teatro, Teatro Aurín, Teatro de Cámara Ditea, Grupo de Teatro Escoitade, Metátase Teatro e O Trasno Novo Teatro, creouse co obxectivo de fomentar o teatro afeccionado en Galiza.
A FEGATEA promoveu a creación en 2002 do Festival Agustín Magán, a mostra de teatro afeccionado de Santiago de Compostela, que se celebra anualmente cada mes de decembro.
Os fins da FEGATEA son conseguir un circuíto de exhibición estable, crear novos festivais, programar cursos de formación e organizar xornadas e congresos que propicien a cooperación entre os diferentes sectores sociais, así como o establecemento de nexos de unión co teatro escolar, universitario e profesional de Galiza.
Compoñentes
Actualmente forman parte da FEGATEA 32 agrupacións:
Véxase tamén
Ligazóns externas