A familia Bernoulli é unha familia de matemáticos e físicos suízos procedentes da cidade de Basilea, que irrompeu no mundo científico a finais do século XVII.
O fundador desta familia foi Jacob o vello, nado en Anveres (Bélxica), un hugonote que se trasladou a Basilea en 1622 por motivos de persecución relixiosa. casou tres veces e só tivo un fillo, Nikolaus. Este casou e tivo unha ducia, dos cales catro chegaron á idade adulta; dous deles convertéronse en matemáticos de primeira orde: Jakob, nado en 1654, e Johann, nado en 1667. Ambos estudaron a teoría do cálculo infinitesimal de Leibniz e desenvolveron aplicacións da mesma.
Principais membros
A familia Bernoulli produciu moitos artistas e científicos notables, en particular un gran número de matemáticos famosos do século XVIII: