Falcon 1
Falcon 1 foi o nome do primeiro modelo da familia de foguetes Falcon.[1]
Características
Falcon 1 foi deseñado pola empresa SpaceX para ser un lanzador barato e reutilizable. Como propelente usa queroseno e oxíxeno líquido e usa un único motor en cada unha das súas etapas: un Merlin 1 na primeira e un Kestrel na segunda. A carga típica dos Falcon 1 son pequenos satélites destinados á órbita baixa.[1][2]
Os primeiros voos do Falcon 1 planificáronse para 2004, pero diversos atrasos pospuxeron o primeiro intento a 2006, que tivo lugar desde a illa Omelek, no océano Pacífico e que resultou en fracaso por un problema co circuíto de propelente. O primeiro voo exitoso tivo lugar ao cuarto intento, en 2008.[1][2]
A estrutura da primeira etapa é monocasco e construída nunha aliaxe de aluminio. A segunda etapa está construída nunha aliaxe de aluminio e litio.[1][2]
Historial de lanzamentos
Notas
- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 Mark Wade (2011). "Falcon 1" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2013.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Falcon-1" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2013.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 Mark Wade (2011). "Falcon 1-1" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2013.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Mark Wade (2011). "Falcon 1-2" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2013.
Véxase tamén
Outros artigos
|
|