Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes.
A licenciatura en matemáticas iniciouse na Universidade de Santiago de Compostela no curso 1957-58.[1] A pesar de que a Facultade de Matemáticas se instituíu en 1977, con Enrique Vidal Abascal como primeiro decano, a súa sede continuou na Facultade de Ciencias (hoxe Facultade de Química).[1] En 1983, trasladouse á súa localización actual, un edificio obra do arquitecto Andrés Fernández-Albalat.[2] Coa entrada en vigor da Lei de Reforma Universitaria no curso 1985/1986, a Facultade divídese nos departamentos de Álxebra, Análise Matemática, Estatística e Investigación Operativa, Matemática Aplicada e Xeometría e Topoloxía.
Dende o curso 2008/2009 impártese neste centro o Grao en Matemáticas, ao que se engadiron no curso 2015/2016 os dobres graos en Enxeñaría Informática e en Matemáticas e en Matemáticas e en Física.