«TNF» e «Factor de necrose tumoral» redirixen aquí. Para a forma alfa ver TNF-alfa.
Factor de necrose tumoral (familia)
Estrutura trimérica do TNF alfa, producido por Mus musculus, baseado en PDB2TNF (resolución de 1,4 Å). Os monómeros represéntanse con diferentes cores. Baeyens, KJ et al. (1999).[1] Figura obtido usando FirstGlance Jmol.
A familia do factor de necrose tumoral (ou familia TNF) é un grupo de citocinas que pode causar a morte celular (apoptose). Os primeiros dous membros desta familia que se identificaron foron:
Factor de necrose tumoral alfa (TNF-α), que é o membro mellor coñecido da familia (xeralmente cando se di TNF sen especificar máis, estanse referindo ao TNF-α, xa que foi renomeado como TNF). É unha citotoxina derivada dos monocitos que foi implicada na regresión de tumores, shock séptico, e caquexia.[2][3] A proteína sintetízase como unha prohormona cunha secuencia sinal atípica e infrecuentemente longa, que está ausente na citocina madura que se segrega.[4] Un tramo curto hidrofóbico de aminoácidos serve para ancorar a prohormona nas bicapas lipídicas.[5] Tanto a proteína madura coma a forma parcialmente procesada da hormona poden ser segregadas despois da clivaxe do propéptido.[5]
Identificáronse 19 proteínas que forman parte da familia TNF baseándose en semellanzas na súa secuencia, estrutura e función.[7] Entre elas están:[8][9][10]
Antíxeno gp39 de células T (CD40L), unha citocina que parece que é importante para o desenvolvemento e activación de células B.
CD27L, unha citocina que xoga un papel na activación das células T. Induce a proliferación de células T coestimuladas e potencia a xeración de células T citolíticas.
CD30L, unha citocina que induce a proliferación de células T.
FASL, unha proteína da superficie celular implicada na morte celular.[15]
4-1BBL, unha molécula de superficie das células T inducible, que contribúe á estimulación das células T.
OX40L, unha proteína da superficie celular que coestimula a proliferación de células T e a produción de citocinas.[16]
Ligando que induce a apoptose relacionado co TNF (TRAIL), unha citocina que induce a apoptose.[17]
Todas estas citocinas parecen formar complexos homotriméricos (ou heterotriméricos no caso das LT-alfa/beta), que son recoñecidos polos seus respectivos receptores. Establécense fortes enlaces de hidróxeno entre os monómeros que estabilizan a estrutura terciaria. Un deses exemplos é o enlace de hidróxeno Asn34-Arg82 no TNF alfa de Mus musculus.[1] O patrón PROSITE desta familia está localizado nunha cadea beta na sección central da proteína, que está conservada en todos os membros da familia.
Todos os membros da familia TNF, coa excepción da linfotoxina segregada e do ligando indutor da proliferación (APRIL), son proteínas transmembrana de tipo II que sobresaen da superficie das células inmunitarias. Estes ligandos TNF unidos a membranas sinalizan con frecuencia ás propias células inmunitarias cando estas fan contacto e se unen aos seus receptores cognados situados noutras células.[7]
↑ 1,01,11,2Baeyens KJ, De Bondt HL, Raeymaekers A, Fiers W, De Ranter CJ (April 1999). "The structure of mouse tumour-necrosis factor at 1.4 Å resolution: towards modulation of its selectivity and trimerization". Acta Crystallogr. D Biol. Crystallogr.55 (Pt 4): 772–8. PMID10089307. doi:10.1107/s0907444998018435.
↑Kriegler M, Perez C, DeFay K, Albert I, Lu SD (April 1988). "A novel form of TNF/cachectin is a cell surface cytotoxic transmembrane protein: ramifications for the complex physiology of TNF". Cell53 (1): 45–53. PMID3349526. doi:10.1016/0092-8674(88)90486-2.
↑Sherry B, Jue DM, Zentella A, Cerami A (December 1990). "Characterization of high molecular weight glycosylated forms of murine tumor necrosis factor". Biochem. Biophys. Res. Commun.173 (3): 1072–8. PMID2268312. doi:10.1016/S0006-291X(05)80895-2.
↑Waltenbaugh C, Doan T, Melvold R, Viselli S (2008). Immunology. Philadelphia: Wolters Kluwer Health/Lippincott Williams & Wilkins. p. 68. ISBN0-7817-9543-5.
↑Peitsch MC, Jongeneel CV (February 1993). "A 3-D model for the CD40 ligand predicts that it is a compact trimer similar to the tumor necrosis factors". Int. Immunol.5 (2): 233–8. PMID8095800. doi:10.1093/intimm/5.2.233.
↑D. CAPUT, et al., Identification of a common nucleotide sequence in the 3'-untranslated region of mRNA molecules specifying inflammatory mediators, Proc. Natl. Acad. Sci. USA 83:1670-1674 Biochemistry, 1986 and references cited)
↑Beutler B, Cerami A (October 1988). "The history, properties, and biological effects of cachectin". Biochemistry27 (20): 7575–82. PMID3061461. doi:10.1021/bi00420a001.
↑Vilcek J, Lee TH (April 1991). "Tumor necrosis factor. New insights into the molecular mechanisms of its multiple actions". J. Biol. Chem.266 (12): 7313–6. PMID1850405.
↑Browning JL, Ngam-ek A, Lawton P, DeMarinis J, Tizard R, Chow EP, Hession C, O'Brine-Greco B, Foley SF, Ware CF (March 1993). "Lymphotoxin beta, a novel member of the TNF family that forms a heteromeric complex with lymphotoxin on the cell surface". Cell72 (6): 847–56. PMID7916655. doi:10.1016/0092-8674(93)90574-A.
↑Suda T, Takahashi T, Golstein P, Nagata S (December 1993). "Molecular cloning and expression of the Fas ligand, a novel member of the tumor necrosis factor family". Cell75 (6): 1169–78. PMID7505205. doi:10.1016/0092-8674(93)90326-L.
↑Wiley SR, Schooley K, Smolak PJ, Din WS, Huang CP, Nicholl JK, Sutherland GR, Smith TD, Rauch C, Smith CA (December 1995). "Identification and characterization of a new member of the TNF family that induces apoptosis". Immunity3 (6): 673–82. PMID8777713. doi:10.1016/1074-7613(95)90057-8.
Este artigo incorpora textos en dominio público de Pfam e InterPro - IPR006052.