ExoMars (Exobiology En Marte) é un proxecto de astrobioloxía para investigar a habitabilidade do ambiente marciano no pasado e probar novas tecnoloxías cara a unha futura misión a Marte nos anos 2020.[1]
Hai que lembrar que na actualidade, Marte ten unha superficie árida, exposta a radiación ó ter unha débil atmosfera.
ExoMars é un proxecto conxunto entre a ESA e a Corporación Estatal Rusa do Espazo (Roscosmos), que segue o camiño de Mars Express (ESA), que comezou a súa andaina no 2003.
A misión ten un robot explorador e unha plataforma científica de superficie.[2] O robot da misión, despregado no 2021 leva o nome de Rosalind Franklin.[3][4] Pode recoller mostras ata dous metros de profundidade.
Desenvolvemento da misión
Xa no 2020, os test da misión sufriron atrasos debido á pandemia da COVID-19.[4]
No 2024 a misión segue o seu curso, con ExoMars Trace Gas Orbiter (TGO) e o seu aparello Colour and Stereo Surface Imaging System (CaSSIS) recollendo novedosos datos da superficie.[5]