Nel xogáronse 5 encontros da Eurocopa 2004 organizada por Portugal. Un deses encontros foi o inaugural do torneo, que enfrontou a Portugal con Grecia. Outros encontros foron o Italia-Suecia, o Alemaña-Países Baixos, o Chequia-Dinamarca de cuartos de final e o Grecia-Chequia das semifinais.
O Estádio do Dragão albergou durante o campionato cinco encontros: tres encontros da fase de grupos, entre eles o partido inaugural do torneo, un de cuartos de final e unha semifinal. Os partidos foron os seguintes: