O estreito de Euripo (grego: Ευβοϊκός κόλπος) é un angosto estreito mariño do mar Exeo que separa a illa grega de Eubea da Beocia, na Grecia continental. O estreito conecta o golfo Sur de Eubea, no sueste, co golfo Norte de Eubea, no noroeste, configurando unha pasaxe de navegación na costa suroccidental da illa de Eubea. Administrativamente, as ribeiras do estreito pertencen á unidade periférica de Eubea, parte da periferia de Grecia Central.
O estreito en si ten unha lonxitude duns 10 km, con varios ensanchamentos e estreitamentos nos que as marxes chegan a atoparse a uns 40 m (ou noutro punto a uns 160 m). Está suxeito ás correntes de fortes mareas que invirten a dirección catro veces ao día. O seu porto principal é Calcis en Eubea, que se atopa no punto máis angosto do estreito, na súa vertente meridional.
Hai dúas pontes que cruzan o estreito, ambas en Calcis: unha é unha ponte colgante moderna cun van duns 215 m (o estreito ten 160 m de largo nese punto) e a outra, unha ponte móbil ou ponte antiga que se abre habitualmente durante as breves encalmadas en horas nocturnas para permitir o tráfico de barcos de desprazamento e veleiros. Atópase no punto máis angosto do estreito, onde só ten 38 m de ancho, pero onde a velocidade das fortes correntes pode alcanzar os 11 nós.
Historia
No Fedón, Platón fai a Sócrates usar a marea do Euripo como un símil para cousas que «van arriba e abaixo» para describir o pensamento daqueles que sosteñen que nada é firme nin estable (Fedón, 90c).
Véxase tamén
Ligazóns externas