Estado da arte

O estado da arte é unha referencia ao estado actual do coñecemento sobre un tema concreto que se está a analizar ou estudar. En xeral, o estado da arte representa o nivel máis alto dun proceso de desenvolvemento, xa sexa dun dispositivo, dunha técnica ou dunha área científica, alcanzado até un momento determinado. Porén, nalgúns contextos, tamén pode referirse ao nivel de desenvolvemento alcanzado até un momento determinado.

Nos traballos científicos e académicos

É habitual destacar o estado da arte como parte da introdución, como mecanismo para establecer un punto de partida para o estudo proposto. O establecemento formal do estado da arte permite que os lectores da obra comprendan os coñecementos e as ferramentas dos que dispón o autor do estudo no momento en que se realizou o traballo, así como os complementos que se ofrecen ao estado actual do coñecemento.

Orixe

O primeiro uso documentado do termo en inglés (State of Art) foi en 1910, nun manual de enxeñería de Henry Harrison Suplee titulado Gas Turbine: progress in the design and construction of turbines operated by gases of combustion. Hai unha pasaxe no libro, que di: "In the present state of the art this is all that can be done " (No estado actual da arte isto é todo o que se pode facer). A expresión tamén se usa en galego[1][2] nos eidos da investigación e divulgación a expresión como neoloxismo científico traducido do inglés, así mesmo préstamo do grego antigo. Do mesmo xeito, a tradución literal tamén se emprega en linguas románicas coma o portugués, castelán, catalán, italiano ou francés, e tamén en alemán, neerlandés, etc..

A orixe da expresión posibelmente estea no Libro I da Metafísica, onde Aristóteles discute o coñecemento e expón as nocións de έμπειρία (translit. empeiría ) e τέχνη (téchne), é dicir, "experiencia" e "arte", referíndose á experiencia como o coñecemento dos singulares, e a arte como coñecemento dos universais . Aristóteles pensa que hai máis coñecemento e coñecemento na arte que na experiencia, considerando que os homes de arte son máis sabios que os empiristas. Isto débese a que os primeiros coñecen a causa e os outros non, é dicir, mentres os empiristas saben "o que", pero non "o porqué", os homes da arte coñecen "o porque", a causa. Así, a verdadeira ciencia é, para Aristóteles, a que resulta do coñecemento teórico, especulativo, non práctico, cuxo obxecto é o coñecemento das causas ou da razón de ser.[3]

Estado da técnica

A expresión estado da técnica úsase alternativamente a "estado da arte", e ás veces estado da ciencia, tamén en galego.[4][5] No contexto da concesión dunha patente europea, o estado da técnica (ou da arte) integra os criterios de avaliación das innovacións, con vistas á concesión de patentes. Segundo o Convenio sobre Patente Europea (EPC 1973) "unha invención considérase nova se non está incluída no estado da técnica" (ou no estado da arte), e o estado da técnica consiste en todo o que xa era accesíbel ao público antes da data de solicitude de patente europea.[6]

Notas

  1. "Tipos de marcadores discursivos no galego oral. Estado da arte". ResearchGate. Consultado o 19-1-2022. 
  2. "Estado da arte dos robots voadores". Uvigo TV. Consultado o 19-1-2022. 
  3. Aristóteles - Metafísica, Livro I cap. I Arquivado 18 de setembro de 2013 en Wayback Machine.. In Aristóteles. Trad. Eudoro de Souza. Coleção Os Pensadores. São Paulo: Abril Cultural. 1984.
  4. "Ficha comunicación". USC. Consultado o 19-1-2021. 
  5. "O ESTADO DA CIENCIA E DA TÉCNICA COMO SUPOSTO DE EXCLUSIÓN DA RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL DA ADMINISTRACIÓN SANITARIA" (PDF). Xunta.gal; REXUGA. Consultado o 19-1-2022. 
  6. Convenção sobre a patente europeia, art. 54. (pt)

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!