O Estadio Nuevo Mirador é un estadio de fútbol da cidade de Alxeciras (Cádiz), España, de propiedade municipal.
Nel xóganse os partidos o equipo da cidade, o Algeciras Club de Fútbol. O estadio con capacidade para 7.500 espectadores é un moderno complexo deportivo onde se atopan tamén as oficinas do club.
Historia
O estadio créase en substitución do antigo estadio, chamado Estadio El Mirador, situado na famosa "Cuesta del Rayo" alxecireña.
O Nuevo Mirador inaugurouse no ano 1999 no Polígono Industrial de La Menacha. Un equipo de Primeira División inaugurou o estadio fronte ao Algeciras CF: o Real Betis Balompié, sendo vencedor o equipo sevillano por 0-1, con gol de Benjamin Zarandona cun disparo desde o centro do campo.