O Estadio Municipal de Wrocław (en polaco: Stadion Miejski we Wrocławiu) é un estadio de fútbol situado na cidade de Wrocław, ao oeste de Polonia. É o estadio que usa como local o Śląsk Wrocław. Comezado a construír en 2009 e inaugurado dous anos despois, conta con capacidade para 42.771 espectadores. O exterior do estadio está cuberto por unha malla de fibra de vidro revestida de teflón sustentadas por aneis de aceiro. As cores da fachada poden ser alterados con sistema de alumeamento.
Historia
Foi inaugurado en 10 de setembro de 2011 coa loita polo título mundial de boxeo dos pesos pesados (Consello Mundial de Boxeo, WBC) entre Vitali Klitschko e Tomasz Adamek. O primeiro encontro de fútbol foi un mes despois, o 10 de outubro entre Śląsk Wrocław e o Lechia Gdańsk. O partido terminou con vitoria para os locais por 1 a 0, sendo o neerlandés Johan Voskamp o primeiro en marcar no novo estadio.
Eurocopa 2012
Partidos
O Estadio Municipal de Wrocław albergou durante o campionato tres encontros, todos correspondentes á fase de grupos. Os partidos foron os seguintes:
Galería de imaxes
-
Alumeamento exterior
-
Interior
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas