Estadio Municipal de Poznan

Stadion Miejski w Poznaniu
Polonia Estadio Municipal de Poznań
Datos
Coordenadas52°23′50″N 16°51′29″L / 52.397222, 16.858056
LocalizaciónPoznań, Polonia
Construción
Inauguración23 de agosto de 1980
ArquitectoModern Construction Design Sp.
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105 x 68
Capacidade43.269
PropietarioCidade de Poznań
OperadoraLech Poznań
LocalíaLech Poznań
Warta Poznań
Eventos
editar datos en Wikidata ]

O Estadio Municipal de Poznan (en polaco: Stadion Miejski w Poznaniu) é un estadio multiúsos situado na cidade de Poznań, Polonia. Habitualmente é utilizado para encontros de fútbol, sendo o feudo dos equipos locais, o Lech Poznań e o Warta Poznań.

Historia

O estadio foi inaugurado o 23 de agosto de 1980, aínda que a súa construción comezara xa en 1968. No momento da súa apertura contaba con aforamento para 17.000 espectadores. O partido inaugural enfrontou ao Lech Poznań e ao Motor Lublin, que remataron o encontro con empate a un gol. Marek Skurczyński (Lech) marcou o primeiro gol no estadio.

En 2002 comezou un proceso de renovación que consistiu na reconstrución case total do estadio, que dispón trala súa culminación dunha capacidade de 45.830 asentos, todos cubertos. O motivo da súa renovación foi o seu nomeamento para albergar encontros da UEFA Euro 2012 de Polonia e Ucraína. Foi reinaugurado o 20 de setembro de 2010 cun concerto do músico británico Sting.

Eurocopa 2012

Partidos

O Estadio Municipal de Poznań albergou durante o campionato tres encontros, todos correspondentes á fase de grupos (grupo C). Os partidos foron os seguintes:

Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores
10 de xuño Primeira rolda Irlanda
1 - 3
Croacia Croacia
39.550
14 de xuño Primeira rolda Italia Italia
1 - 1
Croacia Croacia
37.096
18 de xuño Primeira rolda Italia Italia
2 - 0
Irlanda
38.794

Galería de imaxes

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!