O Estadio Municipal de Altamira é un recinto deportivo adicado á práctica do atletismo, do fútbol e do rugby, situado na localidade de Ordizia (Guipúscoa). Reformado en 2007, o terreo de xogo é de herba artificial, e a tribuna lateral cuberta conta cuns 430 asentos. As pistas sintéticas de atletismo están homologadas para calquera tipo de competición oficial. No campo xogan os seus encontros como locais o Ordizia Kirol Elkartea da liga rexional de fútbol e o Ordizia Rugby Elkartea da División de Honra de Rugby.
Véxase tamén
Ligazóns externas