O Estadio Municipal Nuevo Matapiñonera é un estadio de fútbol da cidade de San Sebastián de los Reyes, na Comunidade de Madrid, España, onde xoga os seus partidos como local a Unión Deportiva San Sebastián de los Reyes.
O primeiro campo do equipo foi o Campo de Deportes da UD San Sebastián de los Reyes, máis coñecido como Matapiñoneras, e o novo estadio ocupa a localización do anterior xa que este foi demolido por completo cando se desenvolveu a zona comercial contigua ao estadio.