O Estadio Hanshin Koshien (阪神甲子園球場, Hanshin Kōshien Kyūjō?), habitualmente coñecido como Estadio Koshien é un parque de béisbol situado nas proximidades de Kōbe, en Nishinomiya, Hyōgo (Xapón). O estadio, inaugurado o 1 de agosto de 1924, foi construído para albergar os torneos nacionais de béisbol entre institutos. No momento da finalización da obra, con 55.000 espectadores era o estadio máis grande de Asia. O nome Kōshien (甲子園) procede do ciclo sexagenario, un sistema numérico cíclico para nomear os días e os anos, de forma que o ano no que foi inaugurado, 1924, foi o primeiro ano kōshi (甲子) do ciclo. O deseño do estadio está fortemente baseado polos Polo Grounds, estadio dos New York Giants entre 1891 e 1957. Desde 1936 é o estadio local dos Hanshin Tigers da Liga Central da Nippon Professional Baseball.
Alén dos xogos dos Tigers, o estadio alberga anualmente o Campionato Nacional de Béisbol entre Institutos (全国高等学校野球選手権大会, Zenkoku Kōtō Gakkō Yakyū Senshuken Taikai?) en agosto, así como o menos importante Torneo Invitacional de Béisbol entre Institutos (選抜高等学校野球大会, Senbatsu Kōtō Gakkō Yakyū Taikai?) en marzo. Normalmente, embos torneos son coñecidos simplemente como "Kōshien de verán" e "Kōshien de primavera". Estes torneos gozan de gran popularidade, sendo o torneo afeccionado máis importante do país. De feito, se os torneos coinciden con encontros dos Tigers, estes pospoñense para outras datas. Tamén alberga cada ano a final do torneo universitario de fútbol americano, máis coñecido como Koshien Bowl. O lendario xogador de béisbol Babe Ruth xogou un partido amigábel no estadio en 1934, sendo este feito conmemorado cunha placa.[1]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas