Estadio Ganzábal

Estadio Ganzábal
Datos
Coordenadas43°18′07″N 5°41′23″O / 43.30197222, -5.68984167
LocalizaciónLa Felguera, Langreu,
Asturias
Construción
InauguraciónDécada de 1920
2006 (logo dunha remodelación)
Estadio
SuperficieCéspede sintético
Capacidade4.024
PropietarioConcello de Langreu
OperadoraUnión Popular de Langreo
LocalíaUnión Popular de Langreo
editar datos en Wikidata ]

O Estadio Ganzábal é un estadio municipal de fútbol do concello de Langreu, en Asturias, onde xoga a Unión Popular de Langreo e situado na localidade de La Felguera. Inaugurado tras meses de reformas no verán de 2006, ten capacidade para 4.000 espectadores sentados e é propiedade do Concello de Langreu. O terreo de xogo é de herba artificial. As bancadas ten un deseño singular con viseira e trincheiras de aceiro, cuns "castilletes mineiros" sostendo a iluminación da tribuna principal.

Historia

A historia do Ganzábal remóntase a principios dos anos 20 do pasado século cando o estadio, por aquel entón baixo o nome de La Barraca, comezou a albergar os partidos do Círculo Popular de La Felguera, conxunto que se fusionou en 1961 co Racing Club de Sama para dar vida ao actual Unión Popular de Langreo. A denominación de estadio Ganzábal fíxose en honra dun dos presidentes máis importantes que tivo o Círculo Popular na súa historia e que foi fundamental para culminar as obras de La Barraca. Tratábase do enxeñeiro Francisco Fernández Ganzábal, quen despois colaborou co equipo e axudou a construír o campo.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!