Estación de tren de Delft

Estación de tren de Delft
(Station Delft)
Exterior da estación
Situación Delft
Holanda Meridional
Países Baixos Países Baixos
ServizosAseosServizos adaptadosAparcadoiroCafeteríaCarros portavultosAlugamento de coches
Intermodalidade
Bus
HTM: N5.
RET: 40, 174.
Veolia: 32, 37, 38, 51, 55, 60, 61, 62, 64, 69
Taxi
Si
Alugueiro de coches
Si
Alugueiro de bicis
Si

A estación de tren de Delft (en neerlandés: Station Delft) é a principal estación ferroviaria desta localidade da Holanda Meridional, nos Países Baixos. Sitúase nunha sección das liñas ferroviarias máis antigas do país, que une as cidades da Haia e Rotterdam.

Historia

Instalacións anteriores

A antiga estación de Delft, en activo entre os anos 1885 e 2015

Inicialmente, a estación de tren de Delft situábase en Houttuinen, nas inmediacións das instalacións actuais, nun edificio que foi declarado en 2002 monumento nacional dos Países Baixos (rijksmonument)[1]. O primeiro tren que pasou por ela fíxoo o 31 de maio de 1847, tres días antes da apertura oficial ao público das instalacións.

O rápido incremento do número pasaxeiros e do transporte de mercadorías fixo necesaria a construción dunha nova estación, de maior tamaño, que foi inaugurada en 1885, ao do sur da estación primitiva. Ese segundo edificio, deseñado por Christiaan Posthumus Meyjes, goza dun indubidable valor histórico-artístico.

O edificio actual

Xunto cun novo túnel ferroviario de 2,3 quilómetros que discorre baixo o centro de cidade, a estación actual inaugurouse o 28 de febreiro de 2015. O edificio novo, que comparte as instalacións de estación con oficinas públicas municipais, foi deseñado pola empresa de arquitectura Mecanoo, de ámbito internacional e orixinaria da propia cidade de Delft. O proxecto incluíu tamén a reconstrución da estación de autobuses, novas paradas do tranvía e a mellora do aparcadoiro de bicicletas.[2]

Proxecto de zona ferroviaria de Delft

Desde 1964, o ferrocarril circulaba por Delft por un viaduto de dobre vía creado para eliminar os cruzamentos a nivel, concibido para mellorar a seguranza e a fluidez do tráfico pola cidade. Cada día pasaban por el entre 300 e 350 trens, e isto ocasionaba un importante problema de contaminación acústica. Para ver de solucionalo, en 1999 presentouse un proxecto de envergadura deseñado polo experto en planificación urbana catalán Joan Busquets, que consistiu na substitución do viaduto por dous túneles baixo a cidade.[3]

O viaduto elevado polo centro da cidade

A primeira fase das obras finalizouse en febreiro de 2015, e consistiu nun primeiro túnel con dúas vías operativas. Prevese que o antigo viaduto sexa derrubado en 2020 e se vexa substituído por un segundo túnel, con dúas novas vías, que discorra pola mesma traxectoria que o viaduto.

Notas

  1. Ficha de inscrición do antigo edificio no Rijksmonumentenregister Arquivado 10 de outubro de 2017 en Wayback Machine. (en neerlandés)
  2. Nova da apertura da nova estación Arquivado 10 de outubro de 2017 en Wayback Machine.. (en neerlandés)
  3. "2015: proxecto da estación tren de Delft, Holanda". Currículo de Joan Busquets. (en inglés)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!