A estación de Utebo é unha estación de ferrocarril situada no municipio español de Utebo, moi preto da cidade de Zaragoza. Forma parte da liña C-1 da rede de Proximidades Zaragoza operada por Renfe, sendo este o único servizo prestado na actualidade na estación.
Situación ferroviaria
A estación atópase a menos dun quilómetro da antiga estación de Utebo-Monzalbarba, nos trazados das liñas férreas de ancho convencional Madrid - Barcelona e Zaragoza - Altsasu vía Pamplona.
A estación
Foi inaugurada o 11 de xuño de 2008, con ocasión da Exposición Internacional de 2008, integrándose na recentemente creada rede de Proximidades Zaragoza.[1] Esta moderna estación componse de dúas plataformas laterais ao que acceden dúas vías. O cambio de plataforma realízase grazas a un paso elevado.
Servizos ferroviarios
Proximidades
A estación forma parte da liña C-1 da rede de Proximidades Zaragoza operada por Renfe.
Referencias
Véxase tamén
Ligazóns externas