Estación de Huesca

Huesca
SituaciónHuesca
ServizosAseos Servizos adaptados Aparcadoiro Cafetería Alugamento de coches
Liñas
Alta velocidadeAVE
Media distanciaMD, TRD, Rexional

A estación de Huesca é unha estación de ferrocarril de Adif de carácter terminal situada na cidade española de Huesca, en Aragón. É un recinto intermodal que alberga tamén a estación de autobuses da cidade cuxas dársenas están situados nos laterais deste.

En 2010 os seus servizos de Longa e Media Distancia foron usados por preto de 130.000 viaxeiros.

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 88,536 da liña férrea de ancho ibérico que une Zaragoza con Francia por Canfranc, e no mesmo punto da liña de ancho internacional que une Zaragoza con Huesca, a 458 metros de altitude.[1]

Historia

Foi inaugurada no ano 2001, substituíndo á antiga estación, a primeira edificada na cidade con motivo da apertura da liña Zaragoza-Huesca en 1864. A estación antiga, que carecía de interese arquitectónico e artístico, foi derrubada pouco despois da construción da nova.

A estación

A estación actual é de planta cadrada, co vestíbulo a nivel de rúa. Sobre el levántanse dúas torres de catro alturas que corresponden a un hotel e a salóns para banquetes.

A estación ten dúas plataformas ademais da cabeceira propia das estacións terminais e seis vías, dúas de ancho internacional e catro de ancho ibérico.

Servizos ferroviarios

Longa distancia

Actualizado a 8 de xullo de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
AVE Madrid-Puerta de Atocha Guadalaxara-Yebes · Calatayud · Zaragoza-Delicias · Tardienta Huesca 2 trens diarios por sentido

Media distancia

Actualizado a 8 de xullo de 2016.

Liña MD Trens Orixe/Destino Destino/Orixe
' Intercity Valencia-Estació del Nord
Murcia del Carmen
Huesca
38 Rexional
Rexional Exprés
Zaragoza-Delicias Lleida-Pirineus
56 Rexional Zaragoza-Delicias Canfranc
Jaca

Notas

  1. Huesca (Est.) Euroferroviarios

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!