Essential Logic é unha banda británica de post-punk formada pola saxofonista Lora Logic (Susan Whitby) despois de deixar X-Ray Spex.[1] O grupo inicialmente estivo composto por Lora Logic nas voces, Philip Legg na guitarra e nas voces, William Bennett (posteriormente en Whitehouse) na guitarra, Mark Turner no baixo, Rich Tea na batería e Dave Wright no saxofón. Turner sería posteriormente substituído por Jon Oliver. A banda separouse e 1981 e reformouse en 2001.
Historia
A banda creouse en 1978 con Lora acabada de saír da escola de arte. O seu primeiro 7" foi editado a través do seu propio selo, Cells, e editaron un EP auto-titulado a través de Virgin Records en 1979, antes de asinar con Rough Trade. O seu álbum de estrea, Beat Rhythm News apareceu tamén en 1979, seguido por varios 7" antes de que o grupo se separase en 1980.
Entre 1978 e 1981 Logic tamén foi membro de Red Crayola, ademais de tocar en gravacións de The Stranglers, The Raincoats e Swell Maps.
Lora Logic publicou un álbum en solitario, Pedigree Charm, no ano 1982 a través do selo Rough Trade. Pouco despois despois de gravar e actuar cando se uniu a unha seita Hare Krishna,[1] aínda volveu a actuar novamente con X-Ray Spex cando a banda se reformou en 1995.[2]
No ano 2003 foi editada unha antoloxía de gravacións Essential Logic, titulada Fanfare in the Garden, a través do selo Kill Rock Stars.[3]
Discografía
Notas