A escrita xaponesa moderna emprega unha combinación de kanji logográficos, que son caracteres de orixe chinesa, e silabarios kana. Este último consta dun par de silabarios: o hiragana, que se usa maiormente para as verbas nipoas nativas ou naturalizadas e para elementos gramaticais; e katakana, que se usa principalmente para verbas e nomes estranxeiros, onomatopeas, préstamos lingüísticos, nomes científicos e, de cando en vez, dar énfase. Case tódalas frases escritas en lingua xaponesa posúen unha mestura de kanji e kana. Debido a isto, amais de ao grande inventario de caracteres kanji, a escrita xaponesa considérase unha das escritas en uso actual máis complexas.
A seguinte táboa amosa exemplos de escrita nestes sistemas:
Kanji
|
Hiragana
|
Katakana
|
Romaji
|
Galego
|
私
|
わたし
|
ワタシ
|
watashi
|
Eu
|
男
|
おとこ
|
オトコ
|
otoko
|
home
|
煙草
|
たばこ
|
タバコ
|
tabako
|
tabaco, cigarro
|
Elección de escrita
Todas as palabras en xaponés poden ser escritas en katakana, hiragana, ou romaji. Moitas palabras teñen tamén a súa escrita en kanji . A elección do sistema de escrita depende de moitos factores.
Deseguida se amosa un exemplo dun titular de xornal que usa os catro tipos (un titular do Asahi Shimbun do 19 de abril de 2004) (kanji vermello, hiragana azul, katakana verde, rōmaji e numerais árabes en negro):
- ラドクリフ、マラソン五輪代表に1万m出場にも含み
- radokurifu, marason gorin daihyō ni 1 man m shutsujō ni mo fukumi
- "Radcliffe, participante do maratón olímpico, aparecerá tamén nos 10 000 m"
Algunhas palabras xaponesas escríbense con diferentes kanji dependendo do significado, polo que nestes casos se debe utilizar kanji no canto de kana para evitar erros. Por exemplo, a palabra hi (ひ) ten moitos significados entre eles, sol (日) e máis lume (火), polo que o uso do kanji é decisivo para a comprensión escrita da palabra.
Véxase tamén
Outros artigos