O escribidor das canaveiras[1], antes chamado escribente das canaveiras[2] e escribidora das canaveiras[3], (Emberiza schoeniclus) é unha ave da familia Emberizidae que poboa as zonas húmidas de boa parte de Europa e o norte de Asia.
Características
Pequeno paxaro cunha lonxitude de entre 13,5 e 15,5 cm de lonxitude[4]. Caracterízase pola pigmentación dos ovos do que deriva varios nomes populares en varios idiomas relacionado coa escritura[5]. Só os machos presentan, na época de cría, plumaxes vistosos. O resto do ano ano dominan tons ocres e pardos. Hai entre 15 e 30 subespecies, segundo a autoridade consultada. As grandes diferenzas en plumaxe, tamaño e forma do peteiro e talle corporal xustifican estas diferenzas[5].
En Galicia só nidifica a subespecie E. s. lusitanica. A subespecie lusitanica difire sutilmente pola súa xenética e polo seu tamaño e plumaxe máis escuro. Ás relativamente máis curtas e un peteiro desproporcionadamente longo. Características estas últimas que se explicarían polo menor carácter migratorio e unha dieta invernal baseada máis en insectos ca en sementes[5]. A reprodución é exclusivamente en zonas húmidas. Trátase dunha especie moi discreta nos seus costumes[5].
Distribución
En España realizouse o primeiro censo desta ave en 2005, co resultado de menos de 400 parellas reprodutoras. A maior poboación reprodutora atópase en Galicia cunha poboación de entre 128-158 pp.[6] Na Península Ibérica pódense atopar tres subespecies: Emberiza schoeniclus schoeniclus, abondosa na Europa occidental e presente como invernante; a iberoccidental Emberiza schoeniclus lusitanica, considerada en perigo crítico de extinción e a iberoriental Emberiza schoeniclus witherbyi, considerada en perigo, polo que esta especie foi considerada pola SEOAve do Ano 2009.[7] No último censo de 2021 (coordinado por SEO/BirdLife) contabilizáronse unhas 300 parellas reprodutoras no conxunto do estado español. Isto supón un declive dun 22% no caso da subespecie iberoriental (con 238-244 parellas) e dun 62% na subespecie iberoccidental (con 20-30 parellas) en comparación co último reconto de 2005.[8]
↑"Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
↑"Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
↑Svensson L., Mullarney K., Zetterström D. (2010). Guía de aves: España, Europa y región mediterránea. ISBN9788428215336.
↑ 5,05,15,25,35,45,55,6R. Salvadores, F. Arcos (outubro de 2014). "As escribentas das canaveiras nidificantes en Galicia". Cerna (72).|data-acceso= require |url= (Axuda)