A Escola Técnica Superior de Enxeñería - ICAI é un centro docente da Universidade Pontificia Comillas situado en Madrid. É coñecido polo acrónimo ICAI (Instuto Católico de Artes e Industrias), que era a súa denominación previa a incorporación a Universidade de Comillas, e que se mantén dentro do nome da escola.
Conta cuns 3.000 alumnos e case 400 profesores (100 dos cales son de dedicación exclusiva), deixando á parte os estudos de posgrao e doutoramento.
Trala finalización dos seus estudos, os estudantes de enxeñería deben pasar un exame de reválida [1] para que o seu título lles outorgue as atribucións correspondentes a un enxeñeiro industrial equivalente dunha universidade pública española.
O seu director é Mariano Ventosa Rodríguez.
Orientación relixiosa
ICAI, como pertence á Universidade Pontificia de Comillas, ten unha orientación relixiosa e inclúe como eixo transversal o humanismo cristián e a conciencia social[2] incluíndo formación relixiosa en todas as súas titulacións[3]
Historia
O Instituto Católico de Artes e Industrias (ICAI) fundouse en 1908 como Escuela de Mecánica e Electricidade para formar cristiá e tecnicamente ao persoal que traballaba nas fábricas destas especialidades. Posteriormente comezáronse a ofrecer titulacións superiores para axudar na promoción profesional e humana aos estudantes máis dotados. Outorgóuselle validez aos estudos cursados en ICAI por Decreto de 10 de agosto de 1950 e posterior Lei de 20 de xullo de 1957. En 1960 únese a ICADE para formar ICADE-ICAI. En 1978 ICADE-ICAI integrouse na Universidade Pontificia Comillas e a marca ICAI engadiuse ao nome da nova Escola Técnica Superior de Enxeñería da universidade.
O edificio de ICAI foi incendiado nos disturbios anticlericais do 11 de maio de 1931 en Madrid e, pouco despois, a supresión da Compañía de Xesús en España fixo que os xesuítas relacionados con esta institución se trasladaran a Liexa (Bélxica), onde continuaron as ensinanzas de enxeñería ata 1937. Ao termo da Guerra Civil Española, en 1939, enxeñeiros de ICAI reocuparon o edificio de Madrid.[4]
Titulacións
Titulacións pre-Boloña
A partir do curso académico 2010-11, só poderanse matricular alumnos que xa estean cursando estes estudos.
- Enxeñeiro Industrial
- Enxeñeiro en Informática
- Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión
- Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas
- Enxeñeiro Técnico Industrial Especialidade en Electricidade
- Enxeñeiro Técnico Industrial Especialidade en Electrónica Industrial
- Enxeñeiro Técnico Industrial Especialidade en Mecánica
- Enxeñeiro Industrial (2º ciclo)
- Enxeñeiro en Informática (2º ciclo)
- Enxeñeiro en Automática e Electrónica Industrial (2º ciclo)
- Enxeñeiro en Organización Industrial (2º ciclo)
Titulacións Propias
- Erasmus Mundus International Master in Economics and Management of Network Industries
- Máster en Enxeñería de Protección Contra Incendios
- Máster en Proxecto, Construción e Mantemento de Infraestruturas Eléctricas de Alta Tensión
- Master in Business Administration Sector Eléctrico – Executive
- Especialista en Xestión Integral de Proxectos
- Diploma de Sistemas Robóticos Móbiles
- Diploma en Comunicacións Industriais
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas