A Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas, coñecida por Escena Galega, é unha asociación galega do ámbito das artes escénicas, cun perfil empresarial. Foi creada en marzo de 2002 en Santiago de Compostela por iniciativa de 16 compañías de teatro e actualmente chega ás 33 compañías e empresas produtoras asociadas.
O seu labor principal é actuar de interlocutora entre o sector e as institucións públicas para impulsar o desenvolvemento empresarial das artes escénicas. Realiza un catálogo anual de espectáculos teatrais das empresas asociadas e organiza os chamados Encontros Profesionais, foros de debate sobre o estado das artes escénicas en Galicia[1].
Notas
- ↑ "Escena Galega amosa a súa preocupación pola escasa presenza das Artes Escénicas galegas en Lugo - Erregueté". Erregueté. 2018-02-23. Consultado o 2018-03-27.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas