Un escape room é un xogo físico de aventuras no que os xogadores resolven unha serie de crebacabezas empregando contrasinais, combinacións e estratexia para completar os obxectivos. Os xogadores teñen un tempo límite para solucionalo e descubrir as chaves agochadas en cada un dos cuartos. Os escape rooms están inspirados nos videoxogos deste estilo, e están ambientados nunha gran variedade de locazacións científicas, como celas de prisión, alxubes e estacións espaciais, e son populares como exercicios de team building.
As primeiras escape rooms foron creadas na década de 2000, e fixéronse populares nos Estados Unidos, no Xapón, en Taiwán, no Canadá, en Israel e na China na década de 2010. Os primeiros escape rooms en lugares fixos foron abertas en Asia[1] e máis tarde en América do Norte, Europa, Australia, Nova Zelandia, Rusia e América do Sur.[2][3]