esRadio é unha cadea de radio española, privada (creada e xestionada con capital privado), e de ámbito nacional; que comezou as súas emisións o luns 7 de setembro de 2009, ás 7 da mañá.[1] Emite en varios puntos de España a través de emisoras asociadas, e en Madrid a través da frecuencia concedida a Unión Liberal de Radio, participada por Libertad Digital e Unidad Editorial.