Erinnerungen an die Zukunft é un libro escrito en 1968 por Erich von Däniken. Trata sobre hipóteses pseudocientíficas arredor de que as tecnoloxías e as relixións de moitas civilizacións antigas foron dadas antigos astronautas que foron recibidos como deuses.
O primeiro borrador da publicación foi rexeitado por varias publicacións. O libro foi rescrito polo seu editor, Wilhelm Roggersdorf (un nome de pluma do guionista alemán Wilhelm Utermann). Utermann foi un escritor nazi de best-sellers e tivo unha posición de importancia no xornal Völkischer Beobachter.[1]
Adaptacións
En 1970, dous anos despois da publicación orixinal, o libro foi adaptado nun filme homónimo na daquela República Federal Alemá, producido por Sun International, e no documental para televisión In Search of Ancient Astronauts. No presente, Paradox Entertainment posúe os dereitos fílmicos do libro.[2]
Notas