A epidermodisplasia verruciforme (tamén chamada displasia de Lewandowsky-Lutz ou epidermodisplasia verruciforme de Lutz-Lewandowsky ou enfermidade do home-árbore) é unha rara doenza de orixe xenética asociada a un alto risco de carcinoma.[1] Caracterízase pola susceptibilidade anormal ó virus do papiloma humano (VPH).[2] O resultado non controlado de infeccións por VPH trae como consecuencia o desenvolvemento de escamas máculas e pápulas, sobre todo en mans e pés. É tipicamente asociados a tipos de VPH 5 e 8, que se atopan en preto do 80% da poboación normal, como as infeccións asintomáticas, aínda que outros tipos tamén poden contribuír.[3][3][4]
A condición adoita comezar entre as idades de 1 a 20 anos, pero en ocasións pódese presentar en persoas de mediana idade.[5][5] O nome débese ós dermatólogos que documentaron por primeira vez un caso, Félix Lewandowsky (1879-1921) e Wilhelm Lutz (1888-1958).[6]
Aínda que a súa incidencia na poboación é máis ben escasa, existen casos de sona desta doenza. Dede Koswara ó cumprir 35 anos, notou que das súas mans e pés xurdían uns tecidos semellantes ás raíces das árbores. Tras varias probas, os médicos detectaron que o mozo indonesio, sufría unha condición estraña chamada epidermodisplasia verruciforme. Esta enfermidade é de orixe xenética.
Notas
- ↑ Ramoz N, Rueda LA, Bouadjar B, Montoya LS, Orth G, Favre M. "Mutations in two adjacent novel genes are associated with epidermodysplasia verruciformis". Nature Genetics (4). PMID 12426567. doi:10.1038/ng1044.
- ↑ Lazarczyk M, Pons C, Mendoza JA, Cassonnet P, Jacob Y, Favre M. "Regulation of cellular zinc balance as a potential mechanism of EVER-mediated protection against pathogenesis by cutaneous oncogenic human papillomaviruses" (1). PMC 2234378. PMID 18158319. doi:10.1084/jem.20071311.
- ↑ 3,0 3,1 Orth G. "Epidermodysplasia verruciformis: a model for understanding the oncogenicity of human papillomaviruses". PMID 3013521.
- ↑ Antonsson A, Forslund O, Ekberg H, Sterner G, Hansson BG. "The ubiquity and impressive genomic diversity of human skin papillomaviruses suggest a commensalic nature of these viruses" (24). PMC 112445. PMID 11090162. doi:10.1128/JVI.74.24.11636-11641.2000. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 12 de xaneiro de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 Gül U, Kiliç A, Gönül M, Cakmak SK, Bayis SS. "Clinical aspects of epidermodysplasia verruciformis and review of the literature" (10). PMID 17910717. doi:10.1111/j.1365-4632.2006.03014.x.
- ↑ Lewandowsky-Lutz dysplasia: Who Named It?