Epi e Brais

Epi e Brais[1][2] (ou Ernie and Bert na versión orixinal en inglés) son dous monicreques con aparición regular no programa televisivo Sesame Street. Os seus nomes foron traducidos tomando a primeira letra dos nomes na versión en inglés Bert (Brais) e Ernie (Epi). Aparecen en moitos números cómicos que se converteron nunha das principais atraccións do programa.

Orixe

Construídos por Don Sahlin con espuma sintética e felpa a partir dun bosquexo simple de Jim Henson, apareceron por vez primeira no programa nos Estados Unidos en 1969 (sendo os dous únicos Muppets que apareceron no episodio piloto de Sesame Street), entre outros personaxes como Kermit the Frog (a Ra Gustavo), como parte dun programa educativo para nenos xunto co resto do programa, que acabaría tendo un éxito internacional.

Personalidade

Segundo Frank Oz, a personalidade básica dos personaxes foi desenvolvida polo propio Sahlin baseándose no contraste do seu aspecto (Ernie/Epi é pequeno e de rostro horizontal mentres que Bert/Brais é alto e vertical), posto que o que se procuraba para Sesame Street era a interacción entrambos. O personaxe de Epi interpreta un papel infantil e fedello e o de Brais o dun adulto responsábel aínda que fungón e aparentemente aborrecido. Son comúns as escenas nas que a Epi se lle ocorre algunha idea disparatada e Brais intenta convencelo de que a abandone, normalmente con pouco éxito, polo que acaba perdendo os estribos ou chega incluso a desfalecer, mentres que Epi permanece alleo ao que está a acontecer.

Notas

  1. Estes son os nomes dados na dobraxe galega de Sesame Street, emitida na TVG na década de 80.
  2. Fragmento da dobraxe galega de Epi e Brais, coas voces de Monti Castiñeiras e Gonzalo Faílde: Vídeo no Twitter

Véxase tamén

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!