Un entremés é unha obriña teatral nun só acto que se caracteriza pola brevidade (150-1000 liñas), pola comicidade e, ademais pola dependencia, ó representarse nos descansos entre actos dunha obra principal.
A trama e o conflito son mínimos. O tempo e o espazo están só vagamente aludidos. O número de figuras oscila entre tres e cinco. Os personaxes son tipos máis ou menos estereotipados de estratos sociais baixos e populares, que se mostran en situacións insólitas, absurdas e grotescas para provocar comicidade.