End of Days é un filme estadounidense dirixido por Peter Hyams que se estreou en 1999. Protagonizado por Arnold Schwarzenegger, Robin Tunney, Rod Steiger, Kevin Pollak, CCH Pounder, Udo Kier e Gabriel Byrne.
Sinopse
Nova York, 1979. Nun hospital de Manhattan acaba de nacer Christine, unha fermosa nena. Ese mesmo día, no Vaticano, un xove sacerdote informa ó Papa do nacemento da nena, que leva a marca do Anticristo. En 1999, Jericho Cane, un ex-policía amargado, salva a unha rapaza do asalto duns ladróns: é Christine. Dende entón Cane será vítima da persecución de terríbeis forzas sobrenaturais.
Personaxes
Galardóns e nomeamentos
- 1999: 3 Nomeamentos ós Premios Razzie: Peor director, actor e actor secundario.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas