Emilio Valladares González, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Avogado en Chantada. Foi secretario do Concello de Chantada, sendo suspendido polo alcalde en maio de 1907.[1] Foi elixido alcalde de Chantada o 1 de abril de 1922. Foi deputado provincial. Cesou no cargo coa ditadura de Primo de Rivera. Na II República foi elixido alcalde o 21 de outubro de 1934, cesando no cargo o 26 de xaneiro de 1935.
Vida persoal
Casou en 1907 con Sofía Rodríguez Osorio, filla de Leopoldo Rodríguez Guerra.[2]
Notas
- ↑ El Norte de Galicia, 27-5-1907, p. 1.
- ↑ El Norte de Galicia, 17-7-1907, p. 1.
Véxase tamén
Ligazóns externas