Destaca principalmente como escritora e rapsodo de poesía nos encontros líricos que ofrece xunto co seu irmán, o tamén escritor e divulgador, Miguel Herrero Uceda. Comprometidos ámbolos dous coa defensa da natureza e a conservación dos saberes tradicionais da cultura estremeña[1]. Froito deste empeño escribiron artigos e libros sobre a cultura rural, ademais de relatos e narracións en lingua estremeña, Ceborrincho e Mamaeña.
O 31 de maio de 2014 formou parte do encontro de escritores estremeños, Tarde de escritores, que tivo lugar na súa vila natal, Ceclavín[3][4][5][6]. Tamén participa e colabora nas actividades anuais da Semana Complutense de las Letras da Universidade Complutense de Madrid[7].
Segundo premio "Luis Chamizo de prosa en extremeño" (2012)
Recoñecemento á creación. Ateneo de Arroyo de la Luz (Cáceres) (2013).
Recoñecemento ao seu traballo por medio da divulgación e defensa da cultura estremeña. Asociación Cultural Pablo Gonzálvez. Miajadas (Cáceres) (2014)[9].