Valeriana Elisa Campillo Cristóbal, nada na provincia de Palencia o 14 de abril de 1865[1] e finada en Ferrol en novembro de 1948, foi unha mestra e política española.
Traxectoria
Foi mestra de Cabana de Bergantiños en 1910,[2] despois de San Fernando (Cádiz),[3] e dende 1917 de Catoira.[4] Durante a ditadura de Primo de Rivera foi nomeada concelleira e primeira Tenente-Alcalde de Catoira en xaneiro de 1925,[5] e chegou a ser alcaldesa de Catoira nese ano.[6][7] Acompañou a Berta de Rohan na súa visita a Catoira en 1925.[8][9]. En 1927 trasladouse a Canido (Ferrol),[10], onde foi bibliotecaria da directiva da Asociación de mestres do Partido de Ferrol,[11] e onde se xubilou en 1931.[12] Finou en Ferrol a principios de novembro de 1948.[13]
Notas
- ↑ Escalafón General Fusionado del Magisterio Primario con arreglo a su situación en 1ª de enero de 1912, Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes p. 172-173.
- ↑ El Correo de Galicia, 15-11-1910, p. 2.
- ↑ El Magisterio Español, 9-7-1915, p. 7.
- ↑ El Noticiero Gallego, 25-7-1918, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 27-1-1925, p. 10.
- ↑ Galicia, 2-8-1925, p. 18.
- ↑ La Noche, 3-9-1960, p. 10.
- ↑ El Pueblo Gallego, 5-12-1925, p. 11.
- ↑ El Pueblo Gallego, 13-1-1927, p. 13.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 28-7-1927, p. 2.
- ↑ El Ideal Gallego, 18-1-1928, p. 2.
- ↑ El Compostelano, 14-5-1931, p.1.
- ↑ El Correo Gallego, 7-11-1948, p. 5.