Elastica é o álbum de estrea da banda inglesa de rock alternativo do mesmo nome. Foi editado o día 14 de marzo de 1995 a través do selo Deceptive Records no Reino Unido e a través de DCG/Geffen Records internacionalmente.[1] O disco foi nomeado ao Mercury Music Prize.[2] Trátase do seu único álbum en contar coa formación orixinal.
Elastica alcanzou o número un na lista de álbums do Reino Unido,[3] converténdose, nese momento, no debut máis vendido dende Definitely Maybe de Oasis o ano anterior.[4][5] O disco tamén vendeu ben nos Estados Unidos, chegando ao número 66 da Billboard 200 despois de 11 semanas na lista.[6] Dous meses despois do seu lanzamento, vendera máis de 59 000 unidades nos Estados Unidos segundo Nielsen Soundscan.[1] A finais de 1995 vendera aproximadamente 1 millón de copias en todo o mundo segundo Billboard.[7] Ao redor da metade destas vendas realizáronse en Estados Unidos, onde o disco foi certificado ouro en decembro de 1995.[8] En abril de 2000 Deceptive estimou que as vendas no Reino Unido eran dunhas 270 000 copias.[9]
Listaxe de cancións
N.º |
Título | Escritor(es) |
Duración |
1. |
"Line Up" | Frischmann, Elastica |
3:15 |
2. |
"Annie" | Matthews, Jane Oliver, Elastica |
1:15 |
3. |
"Connection" | Frischmann, Elastica |
2:22 |
4. |
"Car Song" | Frischmann, Elastica |
2:24 |
5. |
"Smile" | Frischmann, Matthews, Elastica |
1:40 |
6. |
"Hold Me Now" | Frischmann, Matthews, Elastica |
2:33 |
7. |
"S.O.F.T." | Frischmann, Elastica |
3:59 |
8. |
"Indian Song" | Frischmann, Elastica |
2:48 |
9. |
"Blue" | Matthews, Elastica |
2:23 |
10. |
"All-Nighter" | Frischmann, Elastica |
1:31 |
11. |
"Waking Up" | The Stranglers, Frischmann, Elastica |
3:16 |
12. |
"2:1" | Matthews, Elastica |
2:31 |
13. |
"Vaseline" | Frischmann, Elastica |
1:20 |
14. |
"Never Here" | Frischmann, Elastica |
4:27 |
15. |
"Stutter" | Frischmann, Elastica |
2:23 |
Sinxelos
- "Stutter" - 1993
- "Line Up" - 1994
- "Connection" - 1994
- "Waking up" - 1994
- "Car Song" - 1995
Notas