El asombroso mundo de Borjamari y Pocholo é un filme cómico español que protagonizan Santiago Segura e Javier Gutiérrez e que se estreou no ano 2004.
Sinopse
Trátase de dous irmáns que quedaron estancados nos anos 1980 e levan unha existencia patética no Madrid actual, onde viven na casa dos seus pais.
Borjamari (Santiago Segura) leva polos de Lacoste mentres que Pocholo (Javier Gutiérrez) é partidario das camisas de Ralph Lauren. Adoitan discutir entre eles para saber quen gañaría nun duelo entre o crocodilo de Lacoste e o xinete de Ralph Lauren. Ambos levan zapatos náuticos de Sebago e seguen indo en Vespino á discoteca onde ían de mozos, o Aguacates. Son seareiros do Real Madrid
As aventuras destes dous irmáns desprégase en torno a unha vella relación co seu curmán Pelayo -interpretado por Guillermo Toledo- o cal para vingarse de como o trataban na infancia, failles crer que o grupo Mecano vai reunirse nun concerto sorpresa no Parque Warner de San Martín de la Vega. Borjamari e Pocholo saen de viaxe acompañados de Paloma (Pilar Castro) nun Mazda RX-8, unha odisea durante a cal os tres descobren que teñen mundo interior.
A culminación da película é unha viaxe lisérxica durante a que Borjamari e Pocholo cren presenciar a reaparición de Mecano cantando Aire. Aínda que a experiencia foi produto da súa imaxinación, proporciónalle a felicidade. Finalmente reencóntranse na zapatería Farrutx da rúa Serrano con Paloma, a cal pola súa parte, madurou.