El Tanque (Vigo)

El Tanque
LocalidadeVigo
editar datos en Wikidata ]

El Tanque foi un semanario editado en Vigo entre 1922 e 1923.

Historia e características

Subtitulado Semanario político, apareceu o 23 de abril de 1922.[1]. Portavoz oficioso de Rafael Gasset Chinchilla, estaba dirixido por José Carbonell Alsina.[2]. Foi primeiro semanario e despois pasou a bisemanario. Foi suspendido pola autoridade militar a principios de novembro de 1923[3] e o seu director encarcerado, aínda que foi prontamente liberado.[4]

Notas

  1. El Progreso, 22-4-1922, p. 3.
  2. Algúns autores afirman que tamén estivo dirixido por Javier Soto Valenzuela ("Recorrido a través de la prensa de Vigo" en El Pueblo Gallego, 6-10-1935, p. 39.
  3. El Diario de Pontevedra, 6-11-1923, p. 3.
  4. El Progreso, 10-11-1923, p. 2.

Véxase tamén

Bibliografía

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!